ACTAS

1.- REUNIÓN 26 DE FEBREIRO NO AGRA

     Estabamos tódolos membros do grupo presentes menos Chus (quen si foi deixalos libros) e PRESENTÁMONOS incidindo no funcionamento dos distintos clubes de lectura. 
    a)Comezou Noemí decindo que no Monte das Moas teñen  5 clubes de 6 ou 7 persoas cada un, que están sin PLAMBE e que acaban de empezar. Len un libro por trimestre e reúnenese cada 15 días.
   b)Continuou Lois comentando que en Elviña hai 4 clubes que superan en tódolos casos as 10 persoas e cun límite de 15. Un deles  é de 2º BAC. As súas temáticas son libros de ficción e as reunións quincenais. Teñen incluso BLOG (Elvilendo) pero cada vez valoran menos o seu interese vista a resposta dos alumnos. 
    c)Matilde, dos clubes de lectura que teñen no Rafael Dieste destacou o feito de ser maioritariamente de 1º BAC, debido a chegada dun profesor de Lingua castelá que valora na nota de clase a participación neles. As súas reunións lévanse a cabo en horas fóra do horario do instituto e en moitos casos apóianse en películas. Tódolos meses incorporan unha poesía. Tamén usan o BLOG e fan máis dunha lectura ó trimestre. Ós profes que participan nos distintos clubes (son 3) reúnense periodicamente entre eles. 
     d) Milagros e Mari son quen levan a biblioteca no Agra. Empezaron o curso pasado e teñen un grande clube de lectura formado por alumnos, profes e nais. Reúnense unha vez ó trimestre fóra do horario lectivo. Teñen moito contacto co Ágora e contan igualmente cun clube de lectura de francés de 3º ESO. 
     c) Tono contou que no Zalaeta teñen 5 clubes de lectura (dous en 1º de ESO, un en 3º e 4º, un en 1º BAC, un de ciencia divulgativa e outro de deporte). Reúnense quincenalmente nos recreos e salvo no primeiro trimestre, os libros son elexidos polo propio clube non necesariamente dos fondos do centro, de aí o interese por buscar outras vías para conseguilos. Só en 1º da ESO este ano se valora na nota a participación. 

2.- AMPLIACIÓN. Acordamos non ampliar o grupo por operatividade e co criterio de poder ter reunións máis sosegadas e factibles. Tívose en conta o feito de que os libros non chegasen moito en pasar por tódolos centros que estivesen interesados. 

3.-SITUACIÓN DOS LIBROS ESTE ANO.    Menos no caso do Rafael Dieste, que utilizará dous libros do grupo este ano, o resto dos centros terán no seu poder o libro demandado durante todo o curso. O Rafael Dieste pasaralle ó Zalaeta o libro que estes últimos pediron o 1 de abril.

4. DATA PARA A SEGUINTE REUNIÓN.   Aproximadamente o 5 de xuño en Elviña. Tono avisará cun correo uns días antes para poñerse dacordo. Tema: recollida de libros e Organización de actividades conxuntas

5.- ORGANIZACIÓN DOS PRÓXIMOS CURSOS. O 20 de outubro Tono lembrará a necesidade de aportar un título como proposta por centro e o 1 de novembro ese título debe ser coñecido vía mail por todos. Entón deixaremos 20 días para conseguilos libros para a finais de novembro (día 20 aprox.) quedar para facer o intercambio dos libros igual que este ano. Cada instituto levará o seu título proposto e algún dos vellos se está intersado mediante un sistema de préstamo que será precisado na reunión deste xuño en Elviña. 
     Intentaremos que as nosas peticións sexan de libros que saibamos con anterioridade que non estean descatalogados. A rotación será trimestral entendendo que  o primeiro trimestre conclúe o día 15 de xaneiro (co fin de aproveitar Nadal para ler visto que o primeiro libro non está no noso poder antes do 20 de novembro cando os nenos empezan os exames). A segunda e terceira rotación coinciden coa 2ª  e 3ª avaliación. 
     Quedamos en reunirnos non só o 20 de novembro senón tamén o 15 de xaneiro por dar tempo os distintos clubes de lectura a replantear as súas peticións e actividades. 
     Se hai algunha perda de libros cada centro se fará responsable dos exemplares que ten en depósito entendendo que os libros están para usar por estudiantes dunhas determinadas edades e que van ter un normal deterioro. 
     Tono irá actualizando neste blog que intentará estar vinculado a páxina web da biblioteca do Zalaeta unha folla en Excel cos fondos do grupo que seguirá o modelo do grupo de Ferrolterra. Igualmente este blog utilizarase para as memorias de cada biblioteca. 

6.- ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. Será un dos motivos prioritarios nas reunións do grupo o feito de aproveitar esforzos persoais e económicos neste sentido. Serán perfiladas con máis detalle nas reunións de xuño pois dese xeito poden formar parte das propostas de cada centro a inicio de curso nas programacións; pero tamén poderán ir xurdindo sobre a marcha. De feito comentamos que o Agra quería traer un escritor este curso e o Monte das Moas pediu que se contase con eles. 

7.- REUNIÓN EN XUÑO. Tratará fundamentalmente de perfilar o sistema de préstamo para o ano e tamén recoller tódalas propostas de actividades extraescolares que se nos vaian ocurrindo. 

                                                                                          A coruña, 5 de marzo de 2014