IDEAS XORNADA CLUBES DE LECTURA SANTIAGO 6 DE XUÑO DE 2014

Quería deixar constancia do que saquei da reunión deste venres en Santiago co obxectivo desas actividades conxuntas para o ano e en concreto dirixido a cómic, poesía e teatro, pois foi no que máis nos centramos.

En poesía en castelán faláronme do salmantino Raúl Vacas tanto polos seus obradoiros como polos poemarios Esto y ESO e Consumir preferentemente. Moi coñecido dos CFR da Coruña e Ferrol máis dun instituto aproveitou algún curso do CFR para pagarlle un pouco máis e levalo ós seus centros. Tamén para un obradoiro de poesía faláronme ben de Carlos Negro de Negreira.

En banda deseñada asistín a unha ponencia do IES de Poio quen me dirixiron o seu blog "ostrasnosdoslibrosblogspot.com". Parece ser que alí hai títulos que van desde Romeo y Julieta, a Nela (da Marianela de Galdós) ate Engurras ou Ikigami. Eles traballaron Cartas de inverno de Fernández Paz comparando o cómic coa narración. Xuntáronse con outros centros para ver algunha película que partía do cómic.
O museo do humor de Fene (Xaquín Marín) é unha excursión final que fan entre varios centros.

O grupo de Ferrolterra fixo un obradoiro coa Rosa Aneiros de Ámote Leo e falou moi ben dela. Está moi interesada en promocionar a súa triloxía e non é para deixar escapar. Xerais parece que lle pon máis dunha condición. Eles dirixiron os seus traballos conxuntos "O día de San Valentín". Pódese pensar nalgún carteo de amor creativo.

A xornada terminou coa presencia do Pedro Feijoo de Os fillos do mar do que algúns xa tedes algunha experiencia pero que outros podemos explotar dado que tamén está entre os títulos que escollimos para este ano.

ACTA REUNIÓN 5 DE XUÑO no IES ELVIÑA

ASISTENTES: Todos. Destacar a presencia na última reunión do clube de Lois quen pese a xubilarse tivo ganas de empezar esta nova aventura con nós; e a incorporación de Pepa, tamén de Elviña, quen aportou moitas ideas.

ACORDOS: 
          1.- Tódolos libros foron devoltos ós seus centros. Destes títulos recuperou cada centro os seus    dous exemplares:
     

1.-Las aventuras de Sherlock Holmes, Arthur Conan Doyle, Edit. Nowtilus
2.- Os fillos do mar, Pedro Feijoo, Edit. Xerais
3.- Cumbres borrascosas, Emily Brontë, Edit. Valdemar
4.- Ámote Leo, Rosa Aneiros, Edit. Xerais
5.- Los árboles mueren de pie, Alejandro Casona, Edit. Edaf
6.- Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea, Annabel Pitcher, 

          2.- O próximo curso quedamos en comprar tres libros por exemplar e non dous
          3.- Quedamos en incorporar ós nosos títulos de libros cando éstes superen ós 8 exemplares.      Falamos de libros anteriores dos nosos centros a estas listas conxuntas.
          4.- Quedamos que a finais de outubro imos informar ó resto de centros en qué títulos está interesado cada instituto ese ano. Unha vez sabido, nos intercambios de libros utilizaremos un sistema de rotación onde a preferencia veña marcada por unha maior cercanía ó final do abecedario do nome do centro. Elixirá un libro, un centro e continuaremos así a roda. 
           5.- No apartado de Actividades Extraescolares distinguimos aquelas nas que os alumnos son unicamente receptores de información das que os alumnos participan máis activimente, priorizando as de traballo conxunto entre centros. Aquí decidimos centrar os nosos esforzos para o próximo ano nos seguintes apartados:
                 a) Teatro:   Matilde quedou en falar con Teatro do Andamio para ver qué posibilidades tiñamos de compartir algún traballo conxunto. Tamén falou Noemí de adentrarse no mundo das Sombras Chinas
                 b) Cómic: Pensando nas posiblidades e contactos do Forum pensamos que nos podiamos adentrar nese mundo e intentar contactar con José Tomás, Miguel Anxo Prado... para que nos deran un obradoiro. 
                 c) Outros: En poesía saíron os nomes de Dores Tembrás e Ana Mª Fernández para os pequenos; e falouse de visitar á casa de Wenceslao Fernández Florez tras o traballo da obra El malvado carabel

PRÓXIMA REUNIÓN: 20 de novembro, pero anteriormente o 1 de novembro hai que coñecer outros títulos





PRESENTACIÓN DO LIBRO NO AGRA "MÚSICA MESTRE"





FOTOS DO AGRA DA CHARLA DE ANA ALCOLEA







VÍDEOS CUN DADO, CON ROTACIÓN DE LIBROS E CON NIMBOS. ZALAETA

Traballos feitos en Zalaeta polos alumnos de Tecnoloxía coa profesora Beatriz Méndez que sintetizan a nosa idea da creación do Grupo Dado no ano de Díaz Castro.(Letras galegas 2004)

https://www.youtube.com/watch?v=XtHj7cegxOI
https://www.youtube.com/watch?v=qZG7Pg9P4kU
https://www.youtube.com/watch?v=qD0xnPTviI4&feature=youtu.be
https://www.youtube.com/watch?v=DUZPGBOxAgo&feature=youtu.be

GRATAS EXPERIENCIAS NO IES ELVIÑA

En Elviña fan cousas como estas
http://clublecturaelvina.blogspot.com

Charla coa escritora Ana Alcolea

Foi o 31 de marzo de 2014 onde asistiron os institutos Agra I, Monelos e Monte das Moas.
Aí queda o enlace ó blog de Monte das Moas

http://lecturasrebuldeiras.blogspot.com.es/2014/05/charla-coa-escritora-ana-alcolea.html