ACTA REUNIÓN 10 DE DECEMBRO DE 2014 no ZALAETA


Presentes tódolos representantes dos 6 institutos do dado (Milagros e Mari, Noemí, Matilde e Carlos, Chus, Puri e Tono). Puri presentouse como representante de Elviña e Carlos do Rafael Dieste como sustituto de Matilde nestas labores de coordinación no Grupo Dado.

 Celébrase a reunión na Biblioteca do Zalaeta

ACORDOS:
1.- Para próximos cursos vólvese acordar que se comprarán dous exemplares e non tres por instituto ó ano.
2.- Só faremos unha nova reunión a final de curso para recuperalos nosos libros e, se non hai problema, será o último martes de maio en Monelos
3.- Noemí, Puri, Milagros e Carlos Blanco ofrécense a ser administradores tamén deste blog con Tono
4.- Quedamos en realizar unha actividade extraescolar ó redor da figura de Pedro Feijoo e outra cun dibuxante e ilustrador como Xosé Tomás. Con este fin poñerémonos dacordo con Javier Pintor.
5.- Comentáronse os seguintes títulos de libros que funcionan: Noches de KetchupPalabras de caramelo e  Maldito Karma
6.- Acabamos a reunión comentando a viaxe a Xixón de Milagros e Mari con motivo do clube de lectura.


 ACTA REUNIÓN 5 DE XUÑO no IES ELVIÑA
 
ASISTENTES: Todos. Destacar a presencia na última reunión do clube de Lois quen pese a xubilarse tivo ganas de empezar esta nova aventura con nós; e a incorporación de Pepa, tamén de Elviña, quen aportou moitas ideas.

ACORDOS: 
          1.- Tódolos libros foron devoltos ós seus centros. Destes títulos recuperou cada centro os seus    dous exemplares:
     

1.-Las aventuras de Sherlock Holmes, Arthur Conan Doyle, Edit. Nowtilus
2.- Os fillos do mar, Pedro Feijoo, Edit. Xerais
3.- Cumbres borrascosas, Emily Brontë, Edit. Valdemar
4.- Ámote Leo, Rosa Aneiros, Edit. Xerais
5.- Los árboles mueren de pie, Alejandro Casona, Edit. Edaf
6.- Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea, Annabel Pitcher, 

          2.- O próximo curso quedamos en comprar tres libros por exemplar e non dous
          3.- Quedamos en incorporar ós nosos títulos de libros cando éstes superen ós 8 exemplares.      Falamos de libros anteriores dos nosos centros a estas listas conxuntas.
          4.- Quedamos que a finais de outubro imos informar ó resto de centros en qué títulos está interesado cada instituto ese ano. Unha vez sabido, nos intercambios de libros utilizaremos un sistema de rotación onde a preferencia veña marcada por unha maior cercanía ó final do abecedario do nome do centro. Elixirá un libro, un centro e continuaremos así a roda. 
           5.- No apartado de Actividades Extraescolares distinguimos aquelas nas que os alumnos son unicamente receptores de información das que os alumnos participan máis activimente, priorizando as de traballo conxunto entre centros. Aquí decidimos centrar os nosos esforzos para o próximo ano nos seguintes apartados:
                 a) Teatro:   Matilde quedou en falar con Teatro do Andamio para ver qué posibilidades tiñamos de compartir algún traballo conxunto. Tamén falou Noemí de adentrarse no mundo das Sombras Chinas
                 b) Cómic: Pensando nas posiblidades e contactos do Forum pensamos que nos podiamos adentrar nese mundo e intentar contactar con José Tomás, Miguel Anxo Prado... para que nos deran un obradoiro. 
                 c) Outros: En poesía saíron os nomes de Dores Tembrás e Ana Mª Fernández para os pequenos; e falouse de visitar á casa de Wenceslao Fernández Florez tras o traballo da obra El malvado carabel

PRÓXIMA REUNIÓN: 20 de novembro, pero anteriormente o 1 de novembro hai que coñecer outros títulos

ACTA 1ª 26 DE FEBREIRO NO AGRA
     Estabamos tódolos membros do grupo presentes menos Chus (quen si foi deixalos libros) e PRESENTÁMONOS incidindo no funcionamento dos distintos clubes de lectura. 
    a)Comezou Noemí decindo que no Monte das Moas teñen  5 clubes de 6 ou 7 persoas cada un, que están sin PLAMBE e que acaban de empezar. Len un libro por trimestre e reúnenese cada 15 días.
   b)Continuou Lois comentando que en Elviña hai 4 clubes que superan en tódolos casos as 10 persoas e cun límite de 15. Un deles  é de 2º BAC. As súas temáticas son libros de ficción e as reunións quincenais. Teñen incluso BLOG (Elvilendo) pero cada vez valoran menos o seu interese vista a resposta dos alumnos. 
    c)Matilde, dos clubes de lectura que teñen no Rafael Dieste destacou o feito de ser maioritariamente de 1º BAC, debido a chegada dun profesor de Lingua castelá que valora na nota de clase a participación neles. As súas reunións lévanse a cabo en horas fóra do horario do instituto e en moitos casos apóianse en películas. Tódolos meses incorporan unha poesía. Tamén usan o BLOG e fan máis dunha lectura ó trimestre. Ós profes que participan nos distintos clubes (son 3) reúnense periodicamente entre eles. 
     d) Milagros e Mari son quen levan a biblioteca no Agra. Empezaron o curso pasado e teñen un grande clube de lectura formado por alumnos, profes e nais. Reúnense unha vez ó trimestre fóra do horario lectivo. Teñen moito contacto co Ágora e contan igualmente cun clube de lectura de francés de 3º ESO. 
     c) Tono contou que no Zalaeta teñen 5 clubes de lectura (dous en 1º de ESO, un en 3º e 4º, un en 1º BAC, un de ciencia divulgativa e outro de deporte). Reúnense quincenalmente nos recreos e salvo no primeiro trimestre, os libros son elexidos polo propio clube non necesariamente dos fondos do centro, de aí o interese por buscar outras vías para conseguilos. Só en 1º da ESO este ano se valora na nota a participación. 

2.- AMPLIACIÓN. Acordamos non ampliar o grupo por operatividade e co criterio de poder ter reunións máis sosegadas e factibles. Tívose en conta o feito de que os libros non chegasen moito en pasar por tódolos centros que estivesen interesados. 

3.-SITUACIÓN DOS LIBROS ESTE ANO.    Menos no caso do Rafael Dieste, que utilizará dous libros do grupo este ano, o resto dos centros terán no seu poder o libro demandado durante todo o curso. O Rafael Dieste pasaralle ó Zalaeta o libro que estes últimos pediron o 1 de abril.

4. DATA PARA A SEGUINTE REUNIÓN.   Aproximadamente o 5 de xuño en Elviña. Tono avisará cun correo uns días antes para poñerse dacordo. Tema: recollida de libros e Organización de actividades conxuntas

5.- ORGANIZACIÓN DOS PRÓXIMOS CURSOS. O 20 de outubro Tono lembrará a necesidade de aportar un título como proposta por centro e o 1 de novembro ese título debe ser coñecido vía mail por todos. Entón deixaremos 20 días para conseguilos libros para a finais de novembro (día 20 aprox.) quedar para facer o intercambio dos libros igual que este ano. Cada instituto levará o seu título proposto e algún dos vellos se está intersado mediante un sistema de préstamo que será precisado na reunión deste xuño en Elviña. 
     Intentaremos que as nosas peticións sexan de libros que saibamos con anterioridade que non estean descatalogados. A rotación será trimestral entendendo que  o primeiro trimestre conclúe o día 15 de xaneiro (co fin de aproveitar Nadal para ler visto que o primeiro libro non está no noso poder antes do 20 de novembro cando os nenos empezan os exames). A segunda e terceira rotación coinciden coa 2ª  e 3ª avaliación. 
     Quedamos en reunirnos non só o 20 de novembro senón tamén o 15 de xaneiro por dar tempo os distintos clubes de lectura a replantear as súas peticións e actividades. 
     Se hai algunha perda de libros cada centro se fará responsable dos exemplares que ten en depósito entendendo que os libros están para usar por estudiantes dunhas determinadas edades e que van ter un normal deterioro. 
     Tono irá actualizando neste blog que intentará estar vinculado a páxina web da biblioteca do Zalaeta unha folla en Excel cos fondos do grupo que seguirá o modelo do grupo de Ferrolterra. Igualmente este blog utilizarase para as memorias de cada biblioteca. 

6.- ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. Será un dos motivos prioritarios nas reunións do grupo o feito de aproveitar esforzos persoais e económicos neste sentido. Serán perfiladas con máis detalle nas reunións de xuño pois dese xeito poden formar parte das propostas de cada centro a inicio de curso nas programacións; pero tamén poderán ir xurdindo sobre a marcha. De feito comentamos que o Agra quería traer un escritor este curso e o Monte das Moas pediu que se contase con eles. 

7.- REUNIÓN EN XUÑO. Tratará fundamentalmente de perfilar o sistema de préstamo para o ano e tamén recoller tódalas propostas de actividades extraescolares que se nos vaian ocurrindo. 

                                                                                          A coruña, 5 de marzo de 2014