Entrega de premios Concurso de Microrrelatos Grupo Dado

(Reseña no blog dos Clubs de Lectura das Bibliotecas Municipais de A Coruña por Cuqui Fdez)

O martes, 23 maio de 2017, tivo lugar no Auditorio do Ágora a Gala de entrega de Premios do Concurso de Microrrelatos do GrupoDado.
Grupo Dado está formado polos clubs de lectura destes centros de ensino secundario e público de A Coruña: IES Agra IIES ElviñaIES Monte das MoasIES MonelosIES Rafael Dieste e IES Zalaeta. O longo do ano, os alumnos e profesores destes centros traballaron os microrrelato nas aulas e nos clubs de lectura de cada centro. Os alumnos escribiron os seus sorprendentes textos e enviaron os mais destacados ó concurso.


A gala, presentada polos alumnos de 2ª ESO do IES Zalaeta, foi combinando a lectura dos microrrelatos coa actuación do grupo musical Black,  dirixido por Iria Mejuto, que acompañada ó piano por Iago Mouriño, fíxonos vibrar ó ritmo do  soul.

O xurado estivo composto polos escritores Arantza Portabales e Antonio Manuel Fraga Allegue, o editor e libreiro, Pablo Zaera Silvar, o coordinador dun blog de relatos multilingües Shimanto Reza, e a directora Bibliotecas Municipais da Coruña Isabel Blanco.



Non foi fácil para os miembros do xurado a decisión. Todos eles destacaron a creatividade de todos os relatos e o dominio da técnica narrativa dalgúns deles. E é que hai un gran potencial literarios nestas novas xeneracións!!:

Parabéns a todos os que participastes neste concurso: profesores e alumnos por todo ese traballo tan ben feito!! Parabéns a Iria pola súa magnífica actuación. Para nós foi un placer traballar con todos vós !! Esperamos volver estar convosco en futuras ocasións!!